Este sábado día 3 de decembro, centos de persoas dun total de 11 entidades sociais da provincia de Pontevedra celebrarán o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. O acto terá lugar na Praza da Ferrería as 12horas baixo a sétima edición da iniciativa "Baixo o Mesmo Paraugas", que este ano volverá a encher as rúas de toda Galicia co fin de agrupar a case 100 entidades sociais da comunidade baixo un mesmo mensaxe: una sociedade plural e diversa, onde todas as persoas teñen moito que aportar.
Con este acto preténdese visibilizar a riqueza dunha sociedade diversa e plural, así como demandar un sistema laboral que nos teña presentes, unha accesibilidade universal, unha atención sanitaria competente, un incremento de inversión en investigación e rehabilitación, así como axudas e apoios a persoas con discapacidade, familias e entidades. De igual maneira, animamos a toda a cidadanía a acompañarnos cos seus paraugas.
Contarase coa presenza e participación da Concelleria de Benestar Social Municipal con Don Marcos Rey , co Alcalde do Concello de Pontevedra, Don Miguel A. Fernández Lores e coa Diputacion Provincial de Pontevedra, Cohesión Social con Dona Olga García.
O acto levarase a cabo o sábado día 3 de decembro ás 12.00 h. na Praza da Ferrería coa paraguada, lectura do manifesto e actuación musical de Nelson Quinteiro (con música e lingua de signos).
Nese día tamén se alumearán de cor verde os edificios dos Concellos de Cangas (Casa Consistorial), Pontevedra (Casa Consistorial), Poio (Casa Rosada).
As entidades participantes son: Asseii, Aspace, Xoga, Adicam, Asociación Andaina Redondela, Amencer-Aspace, Alcer, Asearpo, Down Pontevedra "Xuntos", Amizade.
SOBRE "BAIXO O MESMO PARAUGAS"
A iniciativa "Baixo o Mesmo Paraugas" iniciouse no ano 2016 en A Coruña para amosar a gran forza do movemento asociativo e unir a todas as asociacións para celebrar de forma conxunta o 3 de decembro, Día Internacional de las Persoas con Discapacidade.
O símbolo da iniciativa é o paraugas: simboliza a unión, todos temos cabida nel sen deferencias. A meta: visibilizar a riqueza dunha sociedade diversa e plural, pero con desexos e ilusións por igual.
O que comezou en A Coruña con 24 asociacións chega agora a súa sétima edición con case 100 entidades de toda Galicia (das zonas de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo), e todas elas traballan por mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade ou con algún tipo de dependencia.
Un dos puntos fortes de esta iniciativa é que non só implica ás persoas con discapacidade senón a todo o seu entorno, xa que en toda Galicia estas preto de 100 entidades representan una base social de máis de 50.000 persoas entre persoas con discapacidade, socios, familias, etc.