Coa divertida e emotiva comedia El hijo de la novia, Afundación puxo fin este mércores á súa tempada de teatro. Centos de pontevedreses gozaron no auditorio da entidade dunha representación que trouxo á cidade esta adaptación á escena da coñecida película dirixida por Juan José Campanella.
A representación, protagonizada por Juanjo Artero, Tina Sainz, Álvaro de Luna, Mikel Laskurain e Dorleta Urretabizkaia, desatou os halagos dun público entregado desde a primeira escena e que, satisfeito, aplaudiu ao seu termo durante un longo período de tempo.
El hijo de la novia conta a historia de Rafael, un home inmerso nunha terrible crise económica e de valores, que dedica 24 horas ao día para sacar adiante o restaurante fundado polo seu pai.
Incapaz de conectar coa xente e atafegado polas súas circunstancias persoais, a vida de Rafael dá un xiro total a partir dunha serie de acontecementos inesperados -como a entrada da súa nai, enferma de Alzheimer, nun centro- que acabarán sendo o impulso definitivo que o obriga a reformularse a súa vida e ordenar as súas prioridades.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.