Avante LGBT+ Pontevedra enche a cidade de actividades

Pontevedra
06 de febreiro 2025

Desde un club de lectura ata un coro queer, a entidade busca crear iniciativas en torno a defensa do colectivo LGBTIQA+

Manifestación polo Día do Orgullo LGBTIQA+ 2024 organizada por Avante LGBT+ Pontevedra Cristina Saiz

Este 6 de febreiro, ás 19:30 horas, a organización Avante LGBT+ Pontevedra organiza unha asamblea aberta no bar PALMKIDS á que poderá asistir calquera persoa que queira participar na organización do Orgullo PTV+ e outros eventos LGBTIQA+ da cidade. 

A entidade, nacida na localidade de Santiago de Compostela no ano 2017 co nome Avante LGBT+, ten como obxectivo a defensa dos dereitos do colectivo queer.

Pouco tempo despois da súa creación, a organización comezou a espallarse en diferentes localidades ata alcanzar representación en seis cidades galegas máis: Pontevedra, Vigo, A Coruña, Ferrol, Lugo e Ourense.

Actualmente, a entidade conta con múltiples actividades na cidade do Lérez, entre as que destaca un club de lectura queer.

Este club organiza encontros de maneira periódica para comentar libros de temática LGBTIQA+ que anuncian nas súas redes sociais.

Este mes, o libro elixido é “Trompeta” de Jackie Kay, e o martes 11 ás 20:00 horas haberá unha reunión no bar La Verbena á que poderá asistir quen queira conversar sobre a súa temática.

Ademais, o 8 de xaneiro iniciou a súa actividade o coro queer organizado pola colectivo e pensado como un espazo seguro e divertido no que defender a identidade queer galega.

Os encontros están previstos dous mércores ao mes ás 20:00 horas.

Manifestación do Orgullo organizada por Avante LGBT+ en Santiago de CompostelaAvante LGBT+