A compañía Circle of Trust foi a encargada da sesión deste sábado do ciclo Summum Teatro no Pazo da Cultura de Pontevedra, na que presentou unha fusión entre o hip hop e o break dance sobre unha escenografía multimedia.
O espectáculo, 'Nagare', contou cunha cunha escasa presenza de público.
Baixo a dirección de Jordi Vilaseca, coa colaboración de Logela Multimedia, o que se representou foi unha peza profunda e madura que retoma a fusión de danza e tecnoloxías audivisuales que tan ben funcionou no pasado a esta compañía. Logrou atrapar ao espectador co seu dominio das cores e as formas.