O sábado celebrábase o primeiro concerto da cuarta edición do Festival Internacional de Música Clásica Clasclás en Vilagarcía de Arousa. A Praza da Peixería acollía a actuación do Guarneri Trio Prague, que ofreceu unha emotiva actuación #ante o numeroso público que acudiu a este evento. Esta agrupación é unha das máis atractivas pola espectacularidade dos seus concertos.
E este luns 28, ás 21.00 horas, tamén na Praza da Peixería chegará a segunda actuación a cargo do violinista checo Milan Al-Ashhab, un virtuoso que mostra en cada peza a súa sensibilidade musical. Estará acompañado polo pianista Adam Skoumal, cunha longa traxectoria por escenarios europeos, norteamericanos e xaponeses.
O mércores será a quenda de Ardemus Quartet, catro novos intérpretes que ofrecen música de cámara baixo unha perspectiva refrescante e atractiva para todos os públicos. Tamén será ás 21.00 horas na Praza da Peixería.
As actuacións contempladas neste ciclo continuarán cunha actuación na Praia da Concha a partir das 21.00 horas a cargo da cantante galega Uxía. Será o xoves 1 de xullo.
O venres 2 haberá dúas citas musicais. Ás 12.00 horas o Concerto final Masterclasses e ás 21.00 horas, a actuación de Judith Jáuregui. O domingo pecharase o ciclo con Epoque Quartet, a partir das 21.00 horas. Todas estas actuacións serán na Praza da Peixería, adoptando todas as medidas sanitarias en vigor.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.