Continuando co programa de fomento da lectura entre estudantes de Primaria e Secundaria, toca quenda ao IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra.
Os participantes desta ocasión foron alumnos de doce e trece anos que estudan primeiro curso de ESO.
A iniciativa ofrece unha parte dedicada ao achegamento aos medios de comunicación.
Coñeceron a redacción de PontevedraViva, que é un xornal dixital e o traballo habitual do xornalismo local.
De igual forma no estudo de PontevedraViva Radio participaron na gravación dun podcast - que se achega - e as diferenzas entre a radio dixital e a analóxica.
'A familia Xachoconto' pretende promover o seu interese polos libros e para iso neste caso apelouse á curiosidade pola cultura clásica.
Como texto condutor se propuxo a 'Pequena historia da antiga Roma' de Emilio del Río, a través do que coñeceron algúns legados como o latín, as vías públicas, o senado, etc...
Terminaron cunha breve referencia ás Letras Galegas e a persoa homenaxeada este 2026.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.