Unha noite de película grazas á Banda de Música de Pontevedra

Pontevedra
19 de agosto 2017

A Banda de Música de Pontevedra ofreceu o último concerto dentro do ciclo Sons na Rúa, integrado na programación das Festas de Verán. Centos de persoas puideron gozar coa interpretación de bandas sonoras de películas premiadas cos Oscar de Hollywood

Concerto de bandas sonoras da Banda de Música de Pontevedra Cristina Saiz

A Banda de Música de Pontevedra ofreceu o último concerto dentro do ciclo Sons na Rúa, integrado na programación das Festas de Verán. E despedíase ao grande coa interpretación de bandas sonoras de películas premiadas cos Oscar de Hollywood.

Obras como Ben-Hur ou Mary Poppins entusiasmaron ao numeroso público que na noite deste venres achegábase ata a Praza do Teucro para asistir a este concerto da formación pontevedresa, dirixida por Rafael Agulló Albors.

Durante a interpretación da música proxectábanse imaxes das películas.

A Banda de Música estivo acompañada polas voces de Antía Nerga e Xurxo Trillo nunha homenaxe aos grandes mestres das composicións cinematográficas de todos os tempos.