VÍDEO.- A marinense Celeste Garrido proxecta a súa arte no corazón de Nova York

Marín
20 de xullo 2026

A artista mostrou a súa obra 'Esencia e Presenza' en Times Square, dentro do programa Spanish Art in New York. A súa proposta explora a representación da alma a través de imaxes CODER

A obra de Celeste Garrido na 'Spanish Art in New York' Celeste Garrido

A artista marinense Celeste Garrido Meira volveu colocar a súa obra por terceira vez nun dos escaparates máis icónicos do mundo.

Participou no programa 'Spanish Art in New York', que proxecta unha selección de creacións de artistas españois nas pantallas de Times Square, no cruzamento de Broadway e a Sétima Avenida.

A primeira vez que mostrou o seu traballo nesta cidade foi con 'Torturas femininas', unha das súas pezas máis recoñecidas, e, posteriormente, a súa imaxe foi proxectada no marco dunha iniciativa internacional vinculada ao recoñecemento de mulleres latinas, tras recibir un doutoramento Honoris Causa en México polo Instituto Socrático Americano.

Nesta nova participación, baixo o título 'Esencia e Presenza' (2026), a artista presenta a súa alma e a alma dunha das súas obras a través de dúas imaxes CODER, realizadas cun dispositivo de ondas de vídeo diagnóstico CODER para o estudo e desenvolvemento das capacidades paranormais humanas.

'Esencia e Presenza', a obra de Celeste GarridoCeleste Garrido

Este método foi desenvolvido en Rusia pola investigadora Olga Lloyd e é aplicado por Garrido co apoio de Iskra Katsarska, representante de CODER en Europa.

O obxectivo é analizar as capacidades da artista, á vez que se comproban as posibles relacións que a vinculan á súa obra.

Segundo esta liña de traballo, Iskra e Celeste analizan diversas imaxes de obras da artista marinense, para detectar patróns en relación á posibilidade que existe de que os artistas poidan ser unha canle a través do cal a enerxía creativa materialízase, algo que até agora se definiu como a inspiración das musas.

A peza proxectouse durante un minuto cada hora ao longo das 24 horas do 18 de xullo, un día antes da celebración da final do Mundial de Fútbol nesa mesma cidade.

A iniciativa está impulsada por Santana Art Gallery e Galería Oriente e Occidente, baixo a dirección de Enriqueta Hueso.

O obxectivo é difundir e dar visibilidade á arte española nun contexto de proxección internacional.

Entre as obras expostas estaban as de Yolanda Herranz Pascual, Maribel Domenech, Natividad Navalón, Jesús Pastor, Diana Larrea, Luis González, Carmen Touza, Edu Larrasa, Nel Pinheiro e Kenryo Hara.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora