A fichaxe de Óscar Silva pon a puntilla ao plantel do Teucro

Pontevedra
02 de agosto 2016

Só un día despois de iniciar a pretempada e a pesar de que club e técnico daban nese momento o plantel por pechado, os azuis anunciaron este martes a contratación dun novo xogador que reforzará a súa primeira liña. Chega procedente do Academia Octavio vigués

Óscar Silva (dereita) nun partido entre Teucro e Octavio no Municipal Diego Torrado

un día despois de iniciar a pretempada e a pesar de que club e técnico daban nese momento o plantel por pechado, os azuis anunciaron este martes a contratación dun novo xogador.

Trátase de Óscar Silva, xogador vigués de 21 anos que chega procedente do Academia Octavio, como antes fixeron varios dos seus compañeiros no club olívico.

Incorporarase aos adestramentos do equipo este mércores ás ordes dun Quique Domínguez que o define como "versátil, sobre todo en ataque e que nos axudará en distintos postos da primeira liña", sinalou.

Silva xogou as dúas últimas campañas no Octavio tras pasar anteriormente polo Chapela, club no que debutou na División de Honra Prata, e a canteira do Lavadores.

A súa fichaxe responde á necesidade de "completar o plantel" e buscar variantes no esquema do equipo tras a saída inesperada dun home importante como Víctor Rodríguez, ademais de Balenciaga, abonando a súa cláusula de rescisión.