Alberto Salcedo destaca no II control de inverno en Sevilla

Pontevedra
25 de decembro 2017

O actual campión de España universitario de 200 metros lisos e subcampión dos 100 obtivo a segunda mellor marca da súa serie nos 60 metros lisos e a cuarta mellor de toda a competición, cun crono de 7.04, competindo contra algúns dos mellores atletas do panorama nacional

Alberto Salcedo, atleta da Sociedad Gimnástica Sociedad Gimnástica de Pontevedra

Coma se dun agasallo de Nadal se tratara, o pasado 23 de decembro deleitounos Alberto Salcedo con dous grandes rexistros no II control de inverno que tivo lugar na Cartuxa, Sevilla.

O actual campión de España universitario de 200 metros lisos e subcampión dos 100 obtivo a segunda mellor marca da súa serie nos 60 metros lisos e a cuarta mellor de toda a competición, cun crono de 7.04, competindo contra algúns dos mellores atletas do panorama nacional.

Mellor aínda foi o seu resultado nos 200 metros, nos que non só chegou en primeira posición senón que conseguiu baixar dos 22 segundos a estas alturas da tempada, parando o reloxo en 21.90.

No mesmo control de marcas, Alberto Guerrero correu os 3000 metros en 8:22:78 o que é a súa mellor marca persoal nesta distancia, nun atleta que habitualmente destaca no medio fondo.

Así, Salcedo e Guerrero comezan unha tempada que se antolla prometedora e que, seguro, dará moitas alegrías tanto persoais como a nivel grupal á Sociedad Gimnástica.