Oitava xogadora que se suma ao novo proxecto do Club Baloncesto Arxil na Liga Feminina 2.
Trátase nesta ocasión dunha xogadora da casa, a base Aldara Vázquez, que renovou a súa vinculación co equipo e cumprirá así o seu cuarto ano como senior, de novo compaxinando partidos co primeiro equipo e co filial.
O seu obxectivo pasa agora por ir gañando aos poucos peso no equipo e consolidarse no primeiro plantel, na que competirá no posto de base cun das fichaxes estrela, Waleska Pérez, e con Carla Fernández.
O club verde espera confirmar tamén nas próximas horas as renovacións de Fany López e Ana Martín.
Completan o plantel pontevedrés polo momento: Minata Keita, Carla Fernández, Maria Lago, Maria Centeo, Waleska Pérez, Ana Román e Cristina Diaz-Pache.