Andrea González, brillante medalla de prata para a Gimnástica no Campionato de España Sub-23

Pontevedra
01 de xullo 2019

A atleta do club pontevedrés finalizou segunda no concurso de lanzamento de xavelina do campionato nacional celebrado en Tarragona

Andrea González, Santiago Ferrer e Claudia Puig no Campionato de España Sub-23 de atletismo Sociedad Gimnástica

Unha medalla de prata foi o balance da Sociedad Gimnástica no Campionato de España Sub-23 de atletismo celebrado na localidade de Tarragona.

O conxunto pontevedrés desprazou á cita a cinco atletas, sendo o resultado máis destacado o conseguido por Andrea González no concurso de lanzamento de xavelina.

González fíxose coa prata nacional nunha competición na que xa no seu primeiro lanzamento se puxo en segunda posición e no que foi mellorando ata unha mellor marca de 45.58 metros, só superada por Claudia Lapuerta (Grupoempleo Pamplona At) con 46.18 metros. Terceira foi Marta Ruiz-Valdepeñas (Unicaja Jaén) cun rexistro de 42.71.

Tamén foron notorias as participacións de Xiana González, Ben Amar Djellal e Claudia Puig. A primeira conseguiría meterse na final dos 200 metros por tempos, onde finalizaba sétima cun tempo de 25.42.

Ben Amar tamén avanzou de rolda nos 1.500 metros e na final tamén obtivo a sétima posición. A lanzadora Claudia Puig participou en xavelina e en disco, logrando en ambas as disciplinas o quinto posto con 28.85 e 26.30 metros respectivamente.

Por último, o marchador Daniel Chamosa quedou sexto, aínda que lle sabe a pouco xa que a falta de 80 metros de meta foi sancionado cunha parada. A pesar disto, conseguiu facer a súa mellor marca persoal cun rexistro de 43:44.42.