Escapóuselle o triunfo á Sociedade Deportiva Teucro nun emocionante choque fronte ao Xiria que se decidiu na última xogada do partido. Os de Sergio Carballeira lograron adiantarse a falta de 30 segundos, pero un gol de Julian García no último ataque sentenciou o empate nun encontro de alternativas para ambos os conxuntos.
Un parcial de 3-0 foi a carta de presentación do Lirón Teucro, que arrincou con enerxía e mandou no marcador ao longo do primeiro cuarto de hora. Iago Vidal e Julián García libraron a súa particular batalla goleadora.
Con 7-7 no marcador chegouse ao minuto 15 do primeiro tempo. Nese momento foi excluído Samuel Veiga. Lonxe de aproveitar a superioridade, o Teucro sufriu un parcial de 0-2 que puxo o marcador 7-9 e obrigou a Sergio Carballeira a pedir tempo morto.
Achegouse no marcador e volveu escaparse lixeiramente o Xiria, que logrou porse 12-15 a tres minutos do ecuador. Con todo, Iago Vidal e Rhuan recortaron distancias para mandar o partido 14-15 ao descanso.
A igualdade imperou no primeiro tramo do segundo tempo cun notable protagonismo dos ataques en detrimento das defensas. Foi en torno ao minuto 37, tras as exclusións de Rhuan e Gabriel Castiñeiras, cando o Teucro logrou impor o seu ritmo.
E é que o partido pasou de 19-19 a 25-20 cun parcial de 6-1 que deu moita vida aos de Sergio Carballeira de cara ao tramo final. Aquí entraron en xogo ambos bancos e o Xiria logrou reducir distancias cun parcial de 0-4.
O conxunto de Carballo logrou finalmente igualar o marcador a cinco minutos do final (25-25). Desde este momento, o intercambio de golpes foi total e Sergio Carballeira solicitou un tempo morto no minuto 58 que lle serviu para pasar do 28-29 ao 30-29 a falta de 25 segundos.
Interveu entón Adrián Dubra cun tempo morto previo á última xogada do encontro. Trala reanudación apareceu a figura de Julián Álvarez para lograr empatar a 8 segundos do final e pór o definitivo 30-30.
A próxima semana, a Sociedade Deportiva Teucro repetirá como local para medirse ao Bueu no Pavillón Municipal dos Deportes.
Consulta o acta neste enlace