O Estudiantes Pontevedra mira o futuro na súa presentación oficial

Pontevedra
24 de abril 2026
Actualizado: 20:37

O Club de Baloncesto Estudiantes Pontevedra realizou este venres a presentación oficial de todas as súas categorías no Pavillón do IES A Xunqueira I

Presentación de equipos do Club de Baloncesto Estudantes Pontevedra 25-26

Día importante no Club de Baloncesto Estudiantes Pontevedra coa presentación de todos os seus equipos da tempada 25/26.

Desde as categorías de prebaby, baby ou minis, pasando por mini-infa, cadete e júnior, até os equipos sénior.

Todos eles estiveron presentes no Pavillón do IES A Xunqueira I para a foto de familia da presente tempada.

E é que a familia verde non para de medrar. Esta cita reuniu a todo o persoal do club, aos equipos e tamén ás familias nunha xornada de unión e celebración por todos os éxitos que están por vir.