Terceira baixa no Club Cisne Balonmán para a próxima tempada.
O equipo pontevedrés comunicou que Marco Rodrigues non continuará no equipo, poñendo fin así a unha breve estancia na Boa Vila.
O lateral brasileiro reforzara o Cisne no tramo final de competición debido á súa praga de baixas por lesión, chegando procedente do Balonmano Elda da Primeira Nacional. Segundo informa o cadro cisneísta agora regresará á localidade alacantina.
Marco Rodrigues únese desta forma á lista de saídas nas que xa figuraban Rubén Etayo e Dani Serrano.
JABATO E ALBERTO DELGADO, COA MIRA NO EUROPEO JÚNIOR
Por outra banda o adestrador do Cisne, Javier Fernández 'Jabato', deu a coñecer a lista de convocados da Selección Española Júnior que tamén dirixe de cara ao torneo Airport Trophy que se disputará a finais de xuño en Suíza e ao Europeo da categoría do próximo mes de xullo.
Na lista figura o extremo cisneísta Alberto Delgado.