Marcos Mayo e María Jesús Coya, gañadores do IX Dúatlon Cross Concello de Poio

Poio
24 de febreiro 2015

Preto dun centenar de deportistas tomaron a saída na última proba do Circuíto Galego de Dúatlon Cross

Podio masculino do IX Dúatlon Cross Concello de Poio Federación Galega de Tríatlon

Preto dun centenar de deportistas participaron a pasada fin de semana no IX Dúatlon Cross Concello de Poio, última proba do Circuíto Galego.

Na categoría masculina impúxose un dos máximos favoritos, Marcos Mayo (Tríatlon O Treito), cun tempo de 1:29:10, seguido de Darío Otero (Team Corbelo) e David Landeira.

A paricipación foi menor na categoría feminina, que dominou con claridade María Jesús Coya (Gv Sports) cun tempo de 2:06:38, superando por unha ampla marxe á María Martínez (Atletismo Porriño) e Belén Lemat (Cidade de Lugo Fluvial).

Os participantes tiveron que percorrer 6 quilómetros a pé no primeiro segmento, 19,5 en bicicleta no segundo e 3 quilómetros de novo a pé no tramo final, con saída e chegada no campo de fútbol de Samieira.

Os gañadores no resto de categorías foron: Miguel Moldes (Team Corbelo) en idade júnior, Orlando Rodríguez (Pinarium) en vetereanos 1 e o Tríatlon O Treito en clubs.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora