O Arxil xa coñece que rivais o esperan na fase de ascenso

Pontevedra
08 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

A falta dunha xornada para o final da Liga Feminina 2 xa se coñece que oito equipos pelexarán polo ascenso á Liga Feminina Challenge , entre os que se atopa o conxunto pontevedrés. O play-off terá lugar no Palacio de los Deportes de Utebo (Zaragoza) 

Partido entre CB Arxil e Cortegada no CTGD Cristina Saiz

Falta aínda unha xornada para a conclusión da fase regular da Liga Feminina 2, pero o Club Baloncesto Arxil xa coñece cales serán os seus rivais no play-off.

As oito prazas para disputar o ascenso están decididas, a falta dun último encontro que pode variar algunha posición e por tanto as posibles cruces.

No Grupo A, ademais do equipo pontevedrés, clasificáronse Hierros Díaz Miralvalle Plasencia, Mipelletymas BF León e Maristas Coruña, mentres que no Grupo B as prazas son para HGB Ausarta Barakaldo, Fustecma NBF Castelló, Domusa Teknik ISB e Bosonit Unibasket.

En concreto o Arxil medirasem todo apunta, a HGB Ausarta Barakaldo, Bosonit Unibasket e Mipelletymas BF León, a falta de decidir a orde dos duelos no sorteo da fase de ascenso á Liga Feminina Challenge, segunda categoría do baloncesto nacional, previsto para o martes día 16 de abril.

En canto ao play-off, disputarase do 25 ao 28 de abril no Palacio de los Deportes de Utebo (Zaragoza) con dous grupos de catro equipos. Os equipos enfrontaranse en fase de liguiña e os dous primeiros clasificados de cada grupo accederán ás dúas semifinais do domingo 28, na que se poderán en xogo as dúas prazas de ascenso para os gañadores destes partidos.