O Mapfre de Támara Echegoyen cede posicións na Etapa 8 da Volvo Ocean Race

Sanxenxo
27 de abril 2018

As grandes nubes, chuvascos e encalmadas que atravesou a embarcación do Real Club Náutico de Sanxenxo fixéronlle caer á sexta posición provisional, aínda que a tripulación confía en recuperar terreo nas 4.000 millas que restan ata chegar ao porto estadounidense de Newport

Támara Echegoyen, durante a Etapa 8 da Volvo Ocean Race Ugo Fonollá / Mapfre / Volvo Ocean Race

As grandes nubes, chuvascos e encalmadas que atravesou o Mapfre nas últimas xornadas, nunha ruta marcada polo momento pola inestabilidade, fixéronlle perder fol na clasificación provisional da Etapa 8 da Volvo Ocean Race.

A embarcación do Real Club Náutico de Sanxenxo pasou de estar a poucas millas das primeiras posicións a ser sexto momentaneamente a 47,6 millas do  Turn The Tide on Plastic, que lidera a frota.

O Vestas marcha segundo (+11,6 millas) e o Dongfeng, principal rival dos españois na xeral, é terceiro (+21,9 millas), cando restaban aínda 4.000 millas de percorrido ata a localidade estadounidense de Newport, segundo o parte de posicións feito público ás 15:00 horas deste venres.

"Veremos, hai moito xogo, moitas nubes que vemos por diante e máis que virán, así que toca paciencia e volver empezar e empezar, porque isto vai ser así durante varios días", declarou desde o barco a pontevedresa Támara Echegoyen.

Precisamente esa distancia ata a meta mantén a esperanza no Mapfre de escalar posicións sen renunciar aínda a nada na etapa.