Agarrarse con uñas e dentes ao play- off de ascenso. É polo menos a intención do Pontevedra este domingo (12:00 horas) no campo do Unión Adarve madrileño, ante o que buscará a súa sexta vitoria consecutiva en liga para consolidarse nos postos de honra.
Fronte a eles estará un rival para o que "ya es a vida o muerte", recoñece Luismi, e é que o Adarve tenta apurar as súas opcións de permanencia na categoría, ao ocupar actualmente o 18º posto a 6 puntos do play-out e a 7 da zona de salvación.
"Nosotros también nos estamos jugando muchísimo y no queremos salir de los cuatro primeros puestos", avanza o técnico pontevedrés, que pide á seus "concentración e intensidad" nun duelo no que prevé que sexa clave a pelexa polos segundos balóns e a estratexia.
Ata a data os partidos sobre céspede artificial, como o que espera no Estadio García de la Mata, resístenselle aos granates (4 de 18 puntos posibles). "No hay una explicación que pueda ser coherente", acepta Luismi, aínda que prefire pensar en positivo lembrando que "también ganamos en Bouzas y es sintético".
LESIÓN DE KEVIN PRESA
A única baixa obrigada para o desprazamento a Madrid é a de Kevin Presa por lesión, tras sufrir unha rotura muscular no adestramento do xoves, sendo a súa substitución a principal incógnita para o once inicial, partindo como favorito para o posto Berrocal.
O preparador granate asume esta ausencia, para o que "nunca es buen momento", aínda que confía no resto de integrantes do primeiro plantel que "cuando entran lo están haciendo bien", sinala.
En canto ao período de ausencia, Luismi avanza que "no nos vamos a volver locos" xa que ademais do duelo ante o Unión Adarve "pinta que algo más seguramente será".
O colexiado do choque en Madrid será o estremeño Antonio Sánchez Sánchez.