Os árbitros de Pontevedra asinan unha petición para restituír como delegado a Manuel Vidal Araújo

Pontevedra
05 de agosto 2020

Unha representación dos colexiados foi recibida este mércores na sede da RFGF de Pontevedra, con presenza do vicepresidente Jose Manuel Fernández, aos que lle trasladaron as súas reivindicacións

Representación dos árbitros que piden a restitución de Vidal Araújo na sede da RFGF en Pontevedra Cristina Saiz

O colectivo arbitral de Pontevedra acaba de remitir un escrito ao presidente do Comité Técnico de Galicia de Árbitros de Fútbol, Bernardino González, para solicitar a restitución como delegado arbitral na área de Pontevedra a Manuel Vidal Araújo. 

Cunha carta que conta con máis do 80 % do apoio dos colexiados e tamén co apoio de boa parte dos clubs, que farán chegar o seu propio escrito á Real Federación Galega de Fútbol, unha representación dos árbitros reuniuse este mércores con representantes da RFGF, estaba prevista a participación do presidente Rafael Louzán que por motivos persoais chegou cunha hora de retraso ao encontro onde xa estaba o vicepresidente Jose Manuel Fernández, para solicitar a súa reincorporación.

Na misiva, os asinantes expresan a súa "profunda preocupación pola noticia que vostedes nos comunicaron o 23 de xullo do 2020" sobre o cesamento do delegado "alegando como único motivo a falta de confianza cara á súa persoa".

Os árbitros resaltanel gran labor de Vidal Araújo ao longo de cinco anos á fronte da delegación e non comprenden as razóns de tal decisión cando o propio CTGAF "expresou publicamente o excelente labor de Manuel e do seu equipo".

Agradecen a Vidal Araújo a súa boa xestión deportiva e persoal, "conseguindo que convivísemos todos xuntos nun ambiente familiar considerando isto como algo fundamental para o bo funcionamento desta organización", subliñan na carta.