Pontevedra renovará o céspede artificial dun dos campos de fútbol 11 da Xunqueira

Pontevedra
26 de decembro 2020

Ata 366.000 euros destinará o goberno municipal á renovación do céspede artificial dun dos campos de fútbol 11 da Xunqueira, concretamente o que está detrás do pavillón multiusos. Esta actuación incluirá tamén a mellora da drenaxe do campo e do seu sistema de rego, así como a instalación de luminarias LED

Campo de herba sintética da Xunqueira Concello de Pontevedra

Ata 366.000 euros destinará o goberno municipal de Pontevedra á renovación do céspede artificial dun dos campos de fútbol 11 da Xunqueira, concretamente o que está situado detrás do pavillón multiusos.

Esta actuación incluirá tamén a mellora da drenaxe do campo de fútbol e do seu sistema de rego, así como a instalación de luminarias LED.

O edil de Deportes, Tino Fernández, explica que o céspede está "algo deteriorado" polo seu uso "intensivo" nos últimos anos, xa que é empregado para competicións e adestramentos de equipos como o Pontevedra, o Salgueiriños, A Seca, Portero 2000 ou Xuvenil de Lérez.

Os campos da Xunqueira, que forman parte do complexo municipal que foi bautizado co nome de Manolo Barreiro, prepárasen ademais para a súa reapertura.

O Concello porá en marcha o seu plan de reapertura progresiva das instalacións deportivas municipais "sempre e cando a Xunta de Galicia inicie o seu plan de desescalada".

Pontevedra ten contemplada unha "desescalada deportiva" en dúas fases: a primeira coa apertura dos campos para as categorías dende xuvenil ata infantil e a segunda para benxamíns e alevíns.