Rubén Domínguez fala dos erros do equipo contra o Zamora: "Custáronnos o partido"

Pontevedra
28 de marzo 2026

O técnico do conxunto granate foi crítico na análise da derrota ao explicar que o encontro "foi un querer e non poder". Tamén se dirixiu á afección: "imos tentalo até o final"

Rubén Domínguez, no partido entre Pontevedra e Castilla en Pasarón

Rubén Domínguez compareceu en rolda de prensa tras a derrota por 2-1 fronte o Zamora no Ruta de la Plata para analizar o encontro do conxunto granate.

O técnico do Pontevedra foi claro nas súas declaracións ao afirmar que o gol encaixado no primeiro tempo "foi un golpe duro porque o traballo do equipo non se viu referendado nese descanso". En canto ao 2-0 encaixado á volta do ecuador, Domínguez afirmou con contundencia: "Hai que reporse e nada máis empezar a segunda parte outro erro que non adoitamos cometer, pois nos rebentou o partido".

"Foi un querer e non poder", explicou o adestrador do cadro lerezano ao comentar que "é unha pena que ese gol non entre antes". A pesar de todo, non se puxo escusas: "Isto vai de non renderse, isto vai de levantar a cabeza".

A pesar de que o Pontevedra chegaba ao choque tras seis xornadas sen gañar, tamén o facía sen perder ningún dese seis encontros. Esta derrota alarga a serie negativa e, ademais, curta a positiva de partidos sen caer.

O técnico ourensán é consciente de que "cometemos dous erros, custáronnos o partido pero creo que este equipo gañou o crédito suficiente como para confiar neles".

Si pódese rescatar algo positivo é o gol de Luisao saíndo desde o banco: "Alégrome por el pero aquí o importante é o equipo, ao final o que importa non é quen meta os goles nin quen os evite, somos un colectivo".

"É certo que fai moitas cousas e ten que empezar a darlle facturación como fixo hoxe ou como fixo o día de Mérida", explicou Rubén Domínguez, que engadiu que "Luisao ten un talento moi bo para acabar sendo un xogador importante nesta liga ou superiores".

Antes de terminar a comparecencia acordouse Domínguez da afección, á que se dirixiu explicando que "isto é até a xornada 38" e que "o importante é estar vivos, é estar aí".

"Que a nosa xente confíe en nós porque podemos conseguilo ou non, pero como viron hoxe imos tentalo até o final", afirmou o adestrador do Pontevedra na rolda de prensa posterior á derrota por 2-1 contra o Zamora.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora