Por segunda xornada consecutiva en Pasarón a polémica foi protagonista do partido do Pontevedra Club de Fútbol, esta vez fronte ao Lugo.
Un tanto anulado no tempo de desconto, similar ao ou concedido fronte ao Castilla, centrou as comparecencias en rolda de prensa posteriores ao duelo, aínda que Rubén Domínguez non quixo polemizar en excenso.
"Xa sabedes que as cousas de interpretacións non me meto. Para min é unha acción non forzada, ao xogador ninguén o molesta, tenta xogar e recóllea un xogador que vén de fóra de xogo. Consideran que é unha acción forzada. É interpretación, non hai nada que facer nin engadir", explicou o técnico.
No que si se mostrou máis duro e contundente foi coa expulsión a Alberto Gil. "O que non permito, e sabedes que nunca falo dos árbitros, é que inventen, e expulsaron a Alberto Gil inventando. Non sei o que porán na acta, pero foi Manu Barros, o que tira unha botella, pero non Alberto Gil. No demais, esa interpretación, todos nos equivocamos, o primeiro eu, e non me vou a meter nunca no labor arbitral, pero nas mentiras non", sinalou Rubén.
O adestrador do Pontevedra mostrouse convencido ademais que "nunha liga todo equilíbrase, pero agora máis que nunca digo, estade orgullosos deste equipo porque non vos imos a fallar", defendeu.
No estritamente futbolístico para Rubén Domínguez "creo que merecemos gañar, fixemos todo para gañar. Ao final o Lugo fixo un tiro a porta e creo que pasamos por riba de Lugo durante gran parte do partido, nun campo que é moi difícil xogar, e si alguén puxo o xogo creo que foi o Pontevedra", sinalou.
YAGO IGLESIAS
O que non quixo entrar na xogada polémica do partido foi o adestrador visitante, o exgranate Yago Iglesias, limitándose a comentar que "non che podo dicir, porque non vin a xogada. Pero cando levanta o banderín tan rápido o liña será que o viu claro".
Iglesias valorou "moi positivamente" o punto que levan de Pasarón que aperta "cando está enchufado co equipo, eu seino ben dos anos anteriores, e a verdade é que hoxe se viviu un ambiente estupendo, aínda reforza máis sacar este punto".
"Sabiamos da dificultade do desprazamento e do partido e, ao final, creo que polo menos pola nosa banda, fúbol pouco, creo que foi máis un partido de defender", explicou o preparador do Lugo.
Máis en detalles defendeu, iso si, que "o Pontevedra, si facemos unha análise realista creo que tivo mocha máis forza dentro do partido, pero si é certo que no cómputo total Marc non fixo ningun intervención. Moito centro, moito despexe, pero paradas fixo unha".
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.