Este sábado ás 16:15 estaba previsto que se disputase o encontro correspondente á xornada 28 de Primeira Federación entre o Arenas Club e o Pontevedra CF no campo de Fadura.
Con todo, as condicións climatolóxicas das últimas horas causaron unha inundación do terreo de xogo, motivo polo que o partido foi suspendido.
O club local comunicouno en RRSS sobre ás 15:10 da tarde e así o confirmou o Pontevedra a través do seguinte comunicado: "O Arenas Club - Pontevedra CF, previsto para hoxe ás 16:15, queda suspendido debido ao estado do terreo de xogo, completamente alagado polas condicións meteorolóxicas".
Aínda se descoñece a nova data do encontro, que será comunicada nos próximos días tal e como comunicou o club granate no seu comunicado.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.