Terceira convocatoria internacional consecutiva para Tere Abelleira, que aínda non debutou con España

Pontevedra
19 de novembro 2020

A selección enfrontarase os días 27 de novembro e 1 de decembro en Madrid a Moldavia e Polonia co obxectivo de certificar a súa clasificación para a Eurocopa do 2022 en Inglaterra

Teresa Abelleira adestrando coa Selección Española Absoluta RFEF

A xogadora pontevedresa do Real Madrid, Tere Abelleira, volve estar, por terceira vez consecutiva, entre as 23 elixidas polo seleccionador Jorge Vilda para formar parte da convocatoria de España para disputar os dous próximos encontros da fase de clasificación para a Europa do 2022 que se celebrará en Inglaterra.

O combinado nacional enfrontarase os días 27 de novembro e 1 de decembro na Cidade do Fútbol de Las Rozas ás seleccións de Moldavia e Polonia en busca do pase directo á fase final do campionato continental de seleccións. 

As de Jorge Vilda marchan actualmente en segunda posición, con dous partidos menos que Polonia, primeiras clasificadas polo momento. Con catro vitorias e un empate (contra as polacas) na súa marcadora, a Roja farase co primeiro posto e deixará selada a súa clasificación, se derrota aos seus dous rivais

Na Eurocopa competirán 16 seleccións. De forma directa clasifícanse os primeiros equipos de cada un dos nove grupos de clasificación, así como os tres mellores segundos, ademais de Inglaterra como organizadora do torneo. Os outros tres serán os gañadores das eliminatorias directas entre os outros seis segundos de cada grupo.

Nas outras dúas anteriores citacións de Abelleira co combinado absoluto español, o técnico decidiu non aliñar á pontevedresa. E iso que ambos os choques resolvéronse ao lado español con senllas goleadas, 0-9 a Moldavia e 4-0 á República Checa. Aínda así, a galega non perde a esperanza de difrutar dos seus primeiros minutos coa selección española absoluta despois de pasar por todas as categorías inferiores.

"Tiene un gran potencial, con gran calidad técnica y polivalencia dentro del centro del campo porque puede ocupar seis posiciones. Puede jugar de mediocentro, de interior, puede jugar un poco más retrasada e incluso puede jugar de media punta, y eso en un valor añadido en una jugadora", dixo o seleccionador sobre Abelleira durante o anuncio da súa primeira convocatoria.

A lista completa está formada polas gardametas Sandra Paños, Lola Gallardo y Misa; as defensas Marta Corredera, Anhoa Vicente, Irene Paredes, Andrea pereira, María León, Ivana Andrés, Leila Ouahabi, Ona Batlle; as centrocampistas Patri Guijarro, Aitana Bonmatí, Maite Oroz, Alexia Putellas, Irene Guerrero, Teresa Abelleira; e as dianteiras Marta Cardona, Jennifer Hermoso, Mariona Caldentey, Eva Navarro e Nahikari García.