Un xove Galaico cúrtese no Campionato Galego de Natación

Pontevedra
02 de xaneiro 2024

O equipo pontevedrés pechou o ano participando en Lugo no Campionato Galego Absoluto e Júnior de Inverno cun cadro de 27 nadadores no que só seis eran de idade sénior

Deportistas do Galaico no Campionato Galego de Inverno en Lugo Club Natación Galaico

O Club Natación Galaico pechou o ano competindo os días 28, 29 e 30 de decembro no Campionato Galego Absoluto e Júnior de Inverno, celebrado en Lugo.

Foi unha cita para sumar experiencia nun rexuvenecido equipo pontevedrés, e é que dos 27 nadadores que puxo en liza só seis eran de idade sénior.

A pesar desa mocidade o Galaico colocou a varios dos seus deportistas en finais e mesmo sumou algún podio.

Así destacou o primeiro posto de Daniel Sánchez nas 50 costas absolutos, así como os ouros de Marcos Castro na 100 braza adaptados (categoría SB3) e 50 costas adaptadas (S4), pero tamén o ouro de Iker Pérez no 50 libre júnior, a prata de Olivier Rocha na 50 braza júnior ou os bronces de Aldara Ortego (100 braza e 200 libre júnior), Paula Fariña (400 estilos júnior), Nicolás Vázquez (50 braza júnior), Adrián Méndez-Benegassi (1.500 libre júnior) e a remuda júnior masculina.

Ademais participaron noutras finais Sofía Barros, Mara Vidal, Álex Piso, Nayara Fernández, Alejandro Álvarez, Laura Cano, Nico Vázquez, Paula Fariña e Daniel Sánchez.

A nivel de clubs o Galaico finalizou a competición na décima posición da clasificación conxunta absoluta e na novena na categoría júnior.