'Paisajes Progresivos' #67. Barclay James Harvest. Os anos dourados (2)

Paisajes progresivos
12 de abril 2026
Segundo episodio de 'Paisajes Progresivos' dedicado á banda Barclay James Harvest Alberto Pazo

O pasado febreiro, Alberto Pazo, introduciu nas 'Paisaxes progresivas' á banda Barclay James Harvest. Podes atopalo no repositorio do podcast.

Momento agora para unha segunda entrega na que propón "que vos deixedes envolver polos marabillosos e deliciosos sons da banda".

"A segunda década dos setenta significou un cambio de orientación cara a unhas formulacións máis simples e directas, o camiño cara a unha comercialidad que non lles fixo perder elegancia e bo facer".

"Os sons menos sinfónicos e menos progresivos ían parellos a un crecente éxito que culminou a finais da década cando se converteron en trío".

"Espero que gocedes de novo destes secundarios de luxo que escribiron unhas magníficas páxinas musicais que a moitos nos fan vibrar e lembrar momentos especiais das nosas vidas".