A partir do mércores José Malvar terá dirección única de subida

Pontevedra
12 de outubro 2021

O corte do carril de baixada será a partir das 09.30 horas do mércores coa finalidade de facilitar o tráfico de entrada a colexios, segundo informan desde o goberno local de Pontevedra

Corte de tráfico por obras na rúa José Malvar por risco de afundimento na calzada PontevedraViva

O Concello de Pontevedra informou que a partir deste mércores, José Malvar só terá unha dirección posible, de subida, e ningún vehículo poderá baixar por ela até que non remate esta primeira fase da obra.

O corte do carril de baixa será a partir das 09.30 horas do mércores (co fin de facilitar o tráfico de entrada colexios).

O tráfico procedente de Doce Novembro/Eduardo Pondal cara á Ponte dos Tirantes ten as seguintes alternativas:

  • Rúa Estrada . Avenida de Lugo – Valdecorvos ou Monte Porreiro.
  • Eduardo Pondal – Rúa das Hortas – Pintor Laxeiro – Virxinia Pereira – Avd. Lugo – Monte Porreiro
  • Doce de Novembro . Loureiro Crespo – Casimiro Gómez

Esta última terá fortes restricións en horas puntas: os tráficos de subida de José Malvar, Loureiro Crespo e Casimiro Gómez, conflúen na rotonda de Loureiro Crespo con Doce de Novembro, polo que é probable que, en horas puntas, esta colapse, polo que terá que ser desviado o tráfico, ben cara a Rúa Estrada ou Texoeira.

O tráfico pesado xa fora desviado con antelación pola Seca, e os autobuses poderán seguir subindo pola rúa afectada e baixar por Casimiro Gómez durante toda a actuación