A piscina municipal de Marín pechará por obras "en breve" e os traballadores irán ao ERTE

Marín
14 de xullo 2023

O Concello de Marín anunciou que as obras de mantemento e mellora da piscina empezarán "en breve" e que remata a concesión pública que regula o seu funcionamento. O novo prego que regulará a licitación da nova concesión recollerá a subrogación de todos os traballadores e traballadoras do centro

Piscina municipal de Marín Concello de Marín

A piscina municipal de Marín terá que pechar de xeito temporal para poder realizar as obras de mellora previstas polo Concello. Durante o tempo que duren os traballos, non estará aberta ao público e as traballadores e traballadores pasarán a réxime de ERTE, cuberto pola Administración local.

Así o deu a coñecer este xoves o Concello de Marín, que anunciou que as obras de mantemento e mellora da piscina empezarán "en breve" e que remata a concesión pública que regula o seu funcionamento e que tivo unha duración de seis anos.

Este cambio de concesionario non afectará aos empregados e empregadas da piscina, xa que o novo prego que regulará a licitación da nova concesión recollerá a subrogación de todos os traballadores e traballadoras do centro.

Non será posible compatibilizar as obras que se precisan coa apertura e a actividade normal da piscina, unha situación que durará "meses". 

Segundo explica o Concello, durante o tempo que duren as obras, traballarase nos pregos da nova concesión para que unha vez se rematen as obras a explotación da piscina poida ser adxudicada de novo. 

Esta contratación cubre a xestión, coidado e desenvolvemento de actividades tanto na piscina climatizada, como nas salas de fitness e no resto das dependencias da instalación deportiva.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora