A Xunta adxudica a redacción do proxecto da variante de Alba

Pontevedra
11 de abril 2018

Este contrato, cun prazo de execución de 12 meses, foi adxudicado por case 188.000 euros á empresa Consultora de Ingeniería y Empresa (CIESA)

Reunión na Xunta para falar pola Variante de Alba Mónica Patxot

A Xunta vén de adxudicar a redacción do proxecto de trazado e construción e impacto ambiental da variante de Alba.

Este contrato, cun prazo de execución de 12 meses, foi adxudicado por un importe de case 188.000 euros á empresa Consultora de Ingeniería y Empresa (CIESA) co fin de acadar o proxecto que se prevé licitar o vindeiro ano.

A variante de Alba ten como finalidade servir de conexión entre as estradas Pontevedra-Baión (PO-531) e a N-550 (A Coruña- Tui), funcionando como alternativa á estrada PO-225, que comunica Alba con San Caetano, sen necesidade de entrar no núcleo urbano.

O goberno galego continúa a apostar por esta infraestrutura, para a que se prevé un investimento de 5 millóns de euros, xa que é estratéxica para a vertebración da rede viaria e para a calidade de vida dos veciños. Neste sentido, os orzamentos da Xunta para o ano 2018 recollen unha partida específica para seguir avanzando no impulso desta actuación.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda mantivo diversas xuntanzas cos veciños das parroquias afectadas para definir o trazado da cariante.

O obxectivo é acadar o máximo nivel de consenso, de forma que as consideracións formuladas polos veciños sexan atendidas na medida do posible.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en