Adxudicada a mellora da Casa do Pobo da Roca, en Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
24 de outubro 2020

Dotarase á vivenda dunha cociña que permita a realización de máis actividades por parte da veciñanza

Casa do Pobo da Roca en Ponte Caldelas Concello de Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas realizará melloras na Casa do Pobo da Roca.

De titularidade municipal, a intención do goberno local é dotar á instalación dunha cociña co fin de posibilitar a realización de máis actividades por parte da veciñanza.

A obra de mellora, que acaba de ser adxudicada, consiste no revestimento de paredes con alicatado cerámico, a pavimentación con plaquetas de gres,  a instalación dun falso teito, renovación da instalacións eléctrica, de fontanería e saneamento, a colocación da carpintería de aluminio e a dotación de mobiliario e electrodomésticos para a cociña.

A obra foi adxudicada a Construcións Andrimaiva SL, que a executará por 26.530,58 euros nun prazo estimado de seis semanas.