As escolas deportivas de Soutomaior despiden un ano intenso

Soutomaior
31 de maio 2025
Actualizado: 01 de xuño

Preto de 400 persoas participaron durante este ano en 14 actividades deportivas que ofertou o Concello. Preto de 300 pequenas e pequenos despedíronse cunha exhibición do aprendido durante este curso

Foto de familia na clausura das escolas deportivas de Soutomaior

As escolas deportivas municipais de Soutomaior dixeron adeus a este curso escolar 2024 -2025

Durante a xornada deste sábado, os preto de 300 nenos e nenas que participaron nas escolas deportivas infantís protagonizaron o acto oficial de clasura da actividade.

Puxeron fin ás actividades cunha exhibición que amosou a destreza e coñecemento adquiridos entre outubro e maio. 

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo; a concelleira de Asociacións, Charo Bouzón; e Raquel Villaverde, coordinadora deportiva no municipio, asistiron ao acto.

Ao remate da exhibición dos máis pequenos e pequenas, Manu Lourenzo e Charo Bouzón entregaron a cada unha das persoas participantes unha medalla polo esforzo e adicación amosado ao longo deste curso. 

Manu Lourenzo deu as grazas ás familias e as pequenas e pequenos por formar parte un ano máis das escolas deportivas e lembrou o importante que é o deporte no día a día.

"O deporte é constancia, esforzo", sinalou o alcalde, que engadiu que "o futuro de Soutomaior que temos e debemos levar adiante con estrutura e ilusión por elas e eles vale a pena todo o esforzo".

A modo de despedida, coreou "que vivan as escolas deportivas de Soutomaior, e que viva o deporte”

Máis 400 persoas participaron nun total de 14 actividades durante este curso, 300 delas, en idade infantil. 

Os nenos e nenas tiveron a opción de asistir a fútbol sala, baloncesto, pádel infantil, tenis infantil, xinmasia acrobática, ximnasia rítmica, xogos motores, iniciación ao deporte, multideporte e patinaxe deportivo infantil.

As preto de 100 persoas adultas participantes tiveron accións de actividade física para adultos, tenis e pádel.