Así felicita Pontevedra o Nadal

Pontevedra
19 de decembro 2018

Un ano máis, Pontevedra felicita as festas aos seus veciños cun emotivo vídeo. Esta postal do Nadal, gravada hai uns días na cidade, foi publicada a través de redes sociais

Felicitación de Nadal de Pontevedra

Un ano máis, Pontevedra felicita as festas aos seus veciños cun emotivo vídeo. Esta postal do Nadal, gravada hai uns días na cidade, foi publicada a través de redes sociais.

Os protagonistas desta felicitación son, por unha banda, os adornos, a decoración e a iluminación que engalana as rúas e prazas da cidade desde principios deste mes de decembro.

Todo iso animado pola música duns novísimos artistas de Pontevedra. Trátase dos integrantes de Galifunk Brass, que realizan a súa propia versión de todo un clásico: o All I Want for Christmas Is You, que popularizou a estadounidense Mariah Carey.

Desde PontevedraViva, sen dúbida, sumámonos a estes bos desexos. Felices Festas!