Cae unha árbore sobre un vehículo aparcado nas Corvaceiras

Pontevedra
01 de xaneiro 2023

Segundo informa o Concello, a maior parte foron na mañá do sábado cando se rexistrou caída de tellas en Arturo Souto, e o esborralle dunha árbore en avenida de As Corvaceiras que causou danos nun vehículo que estaba estacionado no peirao  

Intervención dos bombeiros de Pontevedra por unha árbore caída nas Corvaceiras PontevedraViva

O temporal de vento e choiva deixou un reguero de pequenas incidencias na cidade de Pontevedra. 

Segundo informa o Concello, a maior parte foron na mañá do sábado cando se rexistrou caída de tellas en Arturo Souto, e o esborralle dunha árbore en avenida de As Corvaceiras que causou danos nun vehículo que estaba estacionado no peirao.

O forte vento tamén desprazou contedores en distintas rúas como Loureiro Crespo, Gorgullón, Echegaray ou a avenida de Lugo, entre outras.