Comeza a terceira fase das obras de remodelación da Casa Priorado de Arra

Sanxenxo
12 de novembro 2019

Inclúe os revestimentos de chans, paredes e teitos, así como a fontanería, o saneamento, a electricidade e a calefacción

Obras na Casa Priorado de Arra Concello de Sanxenxo

Este martes deu comezo a fase final das obras de remodelación da Casa Priorado de Arra, que teñen un orzamento de 170.400 euros.

Inclúe os revestimentos de chans, paredes e teitos, así como a fontanería, o saneamento, a electricidade e a calefacción.

Esta nova actuación no Priorado de Arra permitirá convertelo nun centro sociocultural para uso e goce de todos os veciños, non só do lugar, senón de todo o municipio.

Con esta terceira fase, e as dúas anteriormente realizadas, súmase un investimento total na casa de 399.000 euros.