Comezan as obras de rehabilitación do Pazo de Quintáns

Sanxenxo
30 de maio 2019

Despois do proceso de licitación, a mesa de contratación propoñía á UTE formada por Ramírez, Abal e Revivis como empresas adxudicatarias das obras para converter este histórico inmoble nun museo do patrimonio cultural

Pazo de Quintáns Concello de Sanxenxo

Esta semana comezaron as obras de rehabilitación do Pazo de Quintáns. Despois do proceso de licitación, a mesa de contratación propoñía á UTE formada por Ramírez, Abal e Revivis como empresas adxudicatarias das obras para converter este histórico inmoble nun museo do patrimonio cultural.

O orzamento final da obra, supón unha baixada de 100.000 euros, con respecto ao orzamento de licitación ata deixalo en 1.819.304 euros.

O Pazo de Quintáns albergará a historia de Sanxenxo. Na planta baixa do edificio principal acondicionaranse unha tenda, oficinas e o  recibidor principal das instalacións. E, na planta superior, habilitaranse 5 salas. Unha delas será un miradoiro galería á "paisaxe máis bonita de Galicia" como destacou Otero Pedrayo.

Haberá dúas salas de exposicións permanentes e unha de exposicións temporais. Ademais, tamén se acondicionará unha sala de proxeccións.