Convenio para financiar as actividades da ANPA do instituto de Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
07 de xaneiro 2018

O Concello e a asociación de pais subscribiron un acordo de colaboración coa intención de financiar as actividades extraescolares ao longo do presente curso

Sinatura do convenio entre o Concello e a ANPA do instituto Concello de Ponte Caldelas

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, e a presidenta da asociación de nais e pais (ANPA) do instituto de ensino secundario da localidade, Ángeles Carrera, rubricaron o convenio de colaboración entre ambas as entidades.

Este convenio supón unha achega económica por parte da administración local de 2.150 euros.

O motivo é o financiamento das actividades extraescolares dos alumnos ao longo do presente curso académico.

Con esta achega o Concello supera os 12.000 euros de axuda en total ás ANPA dos centros educativos do municipio, ao sumarse aos acordos coas asociacións dos colexios de Infantil e Primaria Cordo Boulloso e da Reigosa.