Corte de tráfico total dende Padre Gaite e Alvaro Cunqueiro

Pontevedra
09 de decembro 2013

Esta semana concluirán os traballos da primeira fase das obras da rúa Santa Clara para o que será necesario cortar o tráfico totalmente dende Padre Gaite e Alvaro Cunqueiro

Esta semana concluirán os traballos da primeira fase das obras da rúa Santa Clara para o que será necesario cortar o tráfico totalmente dende Padre Gaite e Alvaro Cunqueiro.

Previamente prohibiuse o estacionamento de vehículos na rúa Santa Clara para permitire o dobre sentido circulatorio para a entrada e saída do aparcadoiro público e para os garaxes dos residentes.

As obras consistirán no asfaltado do primeiro tramo, incluído o cruzamento entre Padre Gaite-Perfecto Feijoo e Santa Clara.

Ao longo da semana e en momentos puntuais procederase a pechar un carril de circulación en dirección a Perfecto Feijoo, de subida á praza de Barcelos.

BLANCO PORTO

Así mesmo, debido á finalización das obras na rúa Blanco Porto mantense o seu peche.

Os traballos terán dúas fases: peche ao tráfico entre Benito Corbal e Cruz Gallástegui e co fin de facilitar o acceso a garaxes habilitarase a entrada por Joaquín Costa.

Na segunda fase pecharase ao tráfico entre Gallástegui e Joaquín Costa. Os traballos están previsto que finalicen o día 13.