Datos Covid por municipios ao 3 de xaneiro: Pontevedra suma 6 casos activos máis e Vilanova pasa ao nivel laranxa de alerta

Pontevedra
03 de xaneiro 2021

Despois de tres días de descensos, o municipio de Pontevedra volve ver como se incrementan os casos activos de  Covid entre os seus veciños

Test Covid Auto no Hospital Provincial Mónica Patxot

Despois de tres días de descensos, o municipio de Pontevedra volve ver como se incrementan os casos activos de Covid entre os seus veciños.

Segundo os datos facilitados polo propio Concello, a capital provincial contabiliza a día 3 de xaneiro 143 infeccións activas, o que supón 6 casos máis que a xornada anterior.

Tamén sobe no seu cómputo, pasando a nivel laranxa de alerta, Vilanova de Arousa ao detectar 2 novos contaxios para un total de 5.

En canto á zona perimetral que comparte Pontevedra cos seus municipios lindeiros, Poio experimentou un lixeiro descenso con 42 casos (-3) e Marín mantense en 46 casos activos.

Pola súa banda entre o resto de municipios que facilitaron os seus datos, Vilagarcía de Arousa contabiliza 87 afectados (-3) e Sanxenxo 33 (-4).

Todo iso nunha xornada na que a área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés conta con 710 casos activos, segundo o balance do Servizo Galego de Saúde.