Desbloquean expedientes de Risga e axudas de emerxencia pendentes dende 2013

Pontevedra
16 de maio 2014

O Concello recibiu da Xunta esta semana seis resolucións positivas de Risga (das cales dúas son novas e catro renovaciones) e dez axudas de urxencia. Fouces denunciou publicamente que había pendentes 113 resolucións de Risga (21 de 2013 e 62 de 2014), e 77 de axudas de emerxencia (33 de 2013 e 44 de 2014)

Persoa con escasos recursos pedindo na rúa Mónica Patxot

A Xunta de Galicia desbloqueou esta semana expedientes da Renda de Inclusión Social (Risga) e axudas de emerxencia que estaban pendientes do ano 2013 en Pontevedra e sobre os que a concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces, chamara a atención nos últimos días por unha situación de paralización.

En concreto, o Concello recibiu da Xunta esta semana seis resolucións positivas de Risga (das cales dúas son novas e catro renovacións) e dez axudas de emerxencia. Cando Fouces presentou a súa denuncia pública, había pendentes 113 resolucións de Risga (21 de 2013 e 62 de 2014), e 77 de axudas de emerxencia (33 de 2013 e 44 de 2014). 

A concelleira de Benestar Social Municipal sinalou que a denuncia sobre a paralización das axudas por parte da Xunta se trasladou ao Parlamento Galego e confía en que estas 17 resolucións positivas que chegaron esta semana sexan o inicio do fin. 

Aínda quedan pendentes moitas resolucións, pero para Fouces é "un paso adiante" que vaian chegando expedientes positivos e que os usuarios ⿿comecen a recibir boas noticias e a Xunta amañe os problemas orzamentarios e de organización que provocaba esta situación⿝. 

A concelleira sinala que ignora a incidencia que puido ter nestas resolucións a campaña electoral para as eleccións europeas, pero que, independentemente, ⿿é preciso salientar a boa nova" e resulta importante que a Xunta "vaia dando solucións" a peticións de máxima gravidade coma esta ou o incremento de horas do Servizo de Axuda no Fogar (que se aumentou esta mesma semana), "aínda que sexa a golpe de denuncia por parte do Concello".