Detido por drogas e roubo o home que asaltou a tenda de HerbaMeiga

Pontevedra
17 de xullo 2026

A Policía Nacional recuperou marihuana, haxix e benzodiacepinas e dá por esclarecido o asalto ao establecemento. Ao detido investígaselle por varios delitos, un deles o de roubo

Material intervido ao ladrón da tenda HerbaMeiga Policía Nacional

O home que asaltou a tenda de HerbaMeiga, situada en pleno centro histórico de Pontevedra, foi detido pola Policía Nacional.

Foi despois de que un cidadán, que o recoñecera ao velo pasar por unha rúa de Pontevedra, alertase ás autoridades.

Cando foi abordado polos axentes, o ladrón portaba unha bandoleira en cuxo interior había un dez blíster de pastillas de benzodiacepinas, varios envoltorios de haxix e algunhas bolsas que contiñan cogollos de marihuana.

Ao estar en posesión desas substancias, foi detido por un delito contra a saúde pública e foi trasladado á comisaría provincial.

Unha vez alí, os policías comprobaron que, debaixo da súa roupa, levaba oculta outra bolsa cunha gran cantidade de marihuana en forma de cogollos, ademais doutros dez envoltorios e unha bóla de haxix.

Estado de HerbaMeiga tras o segundo roubo perpetrado no localHerbaMeiga

As dilixencias realizadas permitiron demostrar que esta persoa se apoderara de todas esas substancias no roubo que cometera hai uns días.

Asaltara HerbaMeiga, unha tenda especializada na venda e cultivo de produtos relacionados co cannabis, precisamente con ese obxectivo.

Foi entón cando, ademais do delito contra a saúde pública, a Policía Nacional notificoulle a súa condición de investigado por un delito de roubo con forza.

Con esta detención, a Policía Nacional considera resolto un roubo que espertara certa preocupación no centro histórico de Pontevedra.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora