Encontro dixital dos autónomos para definir a volta á actividade

Pontevedra
25 de maio 2020

A Concellería de Promoción Económica e Turismo de Pontevedra e a Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas APE Galicia celebraron este luns 25 de maio o seu quinto Encontro Dixital do ciclo Reinicia Pontevedra. Neste programa de relanzamento empresarial ofrécense gratuitamente a autónomos e pemes asesoramentos personalizados

Encontro Dixital do ciclo Reinicia Pontevedra destinado a autónomos APE Galicia

A Concellería de Promoción Económica e Turismo de Pontevedra e a Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas APE Galicia celebraron este luns 25 de maio o seu quinto Encontro Dixital do ciclo Reinicia Pontevedra. Neste programa de relanzamento empresarial ofrécense gratuitamente a autónomos e pemes asesoramentos personalizados para 25 negocios e 7 encontros dixitais de temáticas transversais e multisector.

Baixo o título "Novas ideas de imaxe, publicidade e márketing", neste coloquio interviron os autónomos Cany Juncal, experta en escaparatismo e imaxe de comercios; o ponente e coordinador do ciclo, Miguel Ángel Souto Fraga, consultor de Ventas e Márketing e director de CIMAK Consultores en Pontevedra; e o veterinario de Pontevedra Alberto Silva, presidente de la Asociación Empresarial Veterinaria Galega, quen destacou a importancia de que as medidas de seguridade nos establecementos abertos ao público se respecten e se integren como un beneficio para os clientes.

Por parte do Plan Impulsa, promovido pola a Concellería de Promoción Económica de Pontevedra, participou a súa directora, Mariem Filgueira, quen expuxo as características do programa que ofrecerá asesoramento personalizado a 15 empresas de Pontevedra para a súa consolidación e mellora en aspectos estratéxicos e operativos.

Os expertos compartiron coloquio con máis de 30 autónomos e pemes que se conectaron a este quinto encontro dixital. A vindeira sesión será o xoves 28 maio baixo o título "Estratexia de comunicación dixital e física" e a última deste ciclo o 1 de xuño, onde se tratará o tema "Estratexia dixital. Evita erros e rendibiliza a inversión". Ámbolos dous serán en horario de 15:30 a 16:30 horas, por ser unha hora especialmente compatible para o maior número de sectores, según indican desde la organización.

O programa continuará máis alá destes encontros grupais con 25 asesoramentos individuais gratuítos co obxectivo de enfocar con acerto a reapertura, a nova saída ao mercado e o plan de relanzamento. Neste asesoramento poderanse compartir 2 videoconferencias, de 1 hora cada unha, con expertos en xestión empresarial.

Desde APE Galicia lembran a todos aqueles autónomos que queiran participar nas dúas sesións que restan, así como nos asesoramentos individuais, que aínda quedan prazas. Toda a información está dispoñible na web www.encontrosapegalicia.es ou no teléfono 697 195 540.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora