Coa entrega das "Chaves da festa", comeza a Semana Grande de Soutomaior

Soutomaior
02 de agosto 2025
Actualizado: 9:21

Unha semana de celebración, do 1 ao 7 de agosto, que permitirá a toda a veciñanza xuntarse para precisamente iso, celebrar a boa música, a boa gastronomía e bo ambiente

'Entrega das Chaves' entre as persoas de máis idade de Soutomaior

Este venres deu comezo a II Semana Grande de Soutomaior, unhas festas que contarán cun programa de "primeiro nivel" ata o xoves 7 de agosto".

Deuse o chupinazo de saída ás 21:00 horas na Casa do Concello. Un acto onde a xente se puido engalanar cun sombreiro de palla e una pañoleta e no que se fixo entrega da "Chaves da festa" á persoa de máis idade e á máis nova. 

Neste ano, foi Consuelo Corral Grandes, de 102 anos, á que lle fixo entrega da chave a María Barbosa, de 100 anos. Consuelo segue sendo a muller con máis anos do concello pero o obxectivo é que cada ano custodie a chave unha persoa diferente, entón este ano a seguinte persoa máis vella é María Barbosa. 

A chave á persoa máis pequena foi para Sabela González, que ten pouco máis de dúas semanas de vida. A Sabela fíxolle entrega das súas chaves Vera Ferreira, que xa ten un ano.

'Entrega das Chaves' de SoutomaiorConcello de Soutomaior

María e Sabela serán as encargadas de custodiar durante un ano estas chaves para pasarlle este legado a máis nova e a máis maior na vindeira edición destas festas.

Trala entrega das chaves, chegou a festa co espectáculo da Mekánica Rolling Band dende o Concello, cun pasarúas que os levou ata a contorna da igrexa do Divino Salvador.

Alí, Mekánica rematou o seu directo para darlle paso ás 23:00 horas a música e divertimento a cargo do directo de "Demasiadas sombras y pocas luces".

Inicio da Semana Grande de Soutomaior 2025Concello de Soutomaior

Un ano máis, a II Semana Grande de Soutomaior contará con dous torreiros e dous espazos para a súa celebración, un será o Torreiro da Festa do dez en Candán e o outro, na contorna da igrexa do Divino Salvador. En ambos espazos estará presente o programa "Soutomaior Inclusivo" con cascos anti-ruído que poderán ser solicitados aos membros de Protección Civil e emerxencias.

Para todas as citas na Festa do Dez en Candán haberá servizo de autobús lanzadeira, de balde, que irá desde o Pavillón da Montesiña ‘Alfonso Pazos’ ata o Torreiro da Festa en horario de 21:30h a 23:30 horas e de 00.00 a 03.00 horas. O percorrido do bus será continuo de ida e volta nos horarios indicados. 

O alcalde, Manu Lourenzo, agradeceu nesta xornada a implicación dos servizos técnicos do concello así como do resto do equipo do goberno local e dixo que "non podo estar máis ilusionado, un ano máis, con esta festa que ten valor en termos festivos pero ten moito valor en termos económicos e Soutomaior vai a ter e contar, por segundo ano consecutivo, cunhas festas de primeiro nivel".

Mekánica Rolling Band percorre SoutomaiorConcello de Soutomaior

Dende o Concello tamén quixeron trasladar a información que lles fixo chegar a Parroquia do Divino Salvador sobre os horarios dos actos relixiosos que se celebrarán nos días da Semana Grande de Soutomaior. O alcalde, Manu Lourenzo, quixo agradecer aos membros da parroquia, en especial a Gabriel, "a súa implicación e traballo nesta II Semana Grande de Soutomaior".

As datas e horarios que trasladan dende a parroquia sobre os actos relixiosos son o Día da Peneda: o 5 de agosto, na Ermida da Virxe da Peneda misa ás 10:00 horas, 11:00 horas, 12:00 horas e ás 20:30 horas misa polo Patrón na Igrexa do Divino Salvador; o 6 de agosto Día do Patrón misa ás 12:00 horas e ás 20:00 horas Tralo remate da misa das 20:00 horas terá lugar a procesión; o día 7 de agosto, San Caetano, a misa será ás 9:00 horas na Igrexa do Divino Salvador con saída en procesión ata o Castelo de Soutomaior. Na Ermida de San Caetano misa ás 10:30 horas e ás 12:00 horas.

Este sábado 2 de agosto no Torreiro da Festa do Dez en Candán estará a América de Vigo e Dicomóbil Elation.

O domingo 3 de agosto a música, o comercio e a gastronomía serán os grandes protagonistas da xornada. Co Mercado da Asociación de Empresariado de Soutomaior, a sesión vermú a cargo de Aires da Castrelada, o showcooking a cargo de cociñeiros de Soutomaior e coa celebración dun gran xantar popular para o que é necesario a inscrición previa. Xa pola tarde chegará a actuación do Trío Azabache ás 17:00 horas e pola noite un dos pratos fortes destas festas coa actuación da Panorama a partir das 23:00 horas na Festa do Dez e de Discomóbil "CDC".

O martes 5 chegarán outro dos pratos fortes coa actuación do Combo Dominicano ás 00:10 horas no Torreiro da Feira do Dez en Candán, ás 23:55 horas terá lugar o espectáculo pirotécnico. Será un dos días grandes da festa.

O martes haberá sesión vermú na contorna da Igrexa de San Salvador, concerto da banda Artística de Arcade ás 20:30 h, trala procesión, e verbena co directo da orquestra Gran Parada no Torreiro do dez en Candán. 

Xa na xornada do xoves 7 se despiden estas festas coa Romaría de San Caetano e cunha sesión vermú na Ermida no Castelo de Soutomaior a cargo de "Catro Ventos".

Concerto de 'Demasiadas sombras y pocas luces' en SoutomaiorConcello de Soutomaior