Esixen melloras na seguridade viaria entre Pintor Laxeiro e a nova Rolda Leste

Pontevedra
28 de setembro 2019

Que se estuden melloras na seguridade viaria no cruzamento de Pintor Laxeiro coa nova rotonda da Rolda Leste. É a petición veciñal que trasladará o Partido Popular ao goberno municipal e que busca corrixir as "graves deficiencias" detectadas

Edís do PP xunto aos veciños de Pintor Laxeiro Partido Popular de Pontevedra

Que se estuden melloras na seguridade viaria no cruzamento de Pintor Laxeiro coa nova rotonda da Rolda Leste. É a petición veciñal que trasladará o Partido Popular ao goberno municipal e que busca corrixir as "graves deficiencias" detectadas.

Os concelleiros populares Rafa Domínguez, Pablo Fernández, Pepa Pardo e Guillermo Juncal, tras visitar a zona, destacaron que estes problemas afectan a un gran número de persoas que utilizan este tramo a diario.

En conversacións cos veciños, o edil transmitiulles que as medidas de seguridade viaria que se apliquen "han de ir máis aló dos lombos".

Os residentes transmitiron en concreto a necesidade de poñer beirarrúas e da pavimentación dunha zona de terra ante a nova rotonda. Ademais, alertan da existencia de muros pegados á calzada que mostran un serio risco de esborralle.

Todas estas cuestións obrigan, segundo os populares, a que non haxa un "mínimo de seguridade" e que os veciños se vexan obrigados a camiñar pola estrada. A falta de pavimento "non parece a mellor das solucións", apuntan desde o PP, debido á choiva que ha de soportar a zona en pleno inverno.

Nesta liña, o PP amplía a denunciar facendo referencia ao edificio Sunday, cun alto número de residentes, que "se ven coa mesma problemática e carecen de servizos urbanísticos".

Arquivado en