Haberá cortes de tráfico este sábado con motivo da Gladiator Race

Pontevedra
29 de maio 2024

A celebración deste evento deportivo, que reunirá a dous mil participantes, supoñerá a posta en marcha dunha serie de medidas de tráfico

Plan de tráfico Concello de Pontevedra

Este sábado, 1 de xuño, disputarase a IX Gladiator Race na illa das Esculturas, os terreos de Tafisa e Monte Porreiro.

A celebración deste evento deportivo, que reunirá a dous mil participantes, supoñerá a posta en marcha dunha serie de medidas de tráfico. 

Segundo informou o Concello de Pontevedra desde as 13.00 horas e ata as 22.00 horas permanecerán pechadas ao tráfico: a avenida de Buenos Aires (entre a Ponte dos Tirantes e a Ponte das Palabras), a rúa Francia (entre a Ponte das Palabras e rúa Dinamarca), rúa Holanda e os viais de acceso á avenida de Buenos Aires, aínda que estará permitido o acceso a garaxes.

O acceso permitido á Ponte das Palabras será desde a rúa Grecia, no barrio de Monte Porreiro.

Poderá haber restricións na circulación en todos os viais contiguos ás rúas afectadas.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora