O Salón Nobre do Liceo Casino acolleu este venres o acto de entrega de insignias de ouro e diplomas da sociedade ás persoas que este ano alcanzaron a categoría de Socios de Honra, recoñecemento outorgado a quen foron socios da entidade durante 50 anos ininterrompidos.
Os homenaxeados, Rafael Díaz Lorente, José Fernando Filgueira Iglesias, Pedro Lorenzo Macías, Carlos Pérez Cameselle, Antonio Rodríguez Gil e Antonio de Ron Pedreira, acudiron acompañados por familiares e amigos.
Foron recibidos polo presidente Alejandro Regueiro. Posteriormente, realizouse a tradicional foto de familia.
O xantar-homenaxe, que reuniu a preto de 100 persoas, converteuse no marco perfecto para destacar a importancia destes socios na historia do Liceo Casino xa que, grazas a eles, "segue sendo un referente entre a sociedade pontevedresa", sinalou o Regueiro.
En nome dos homenaxeados, Antonio de Ron expresou o seu agradecemento á directiva e destacando a carga emocional e os bos recordos que este acto deixou en todos os presentes.