Lola Dopico, xurado do Premio Nacional de Deseño de Moda

Pontevedra
16 de maio 2023

A coordinadora do Mestrado en Deseño e Dirección e Creativa en Moda de Pontevedra formará parte do tribunal deste premio promovido pola Dirección Xeral de Industrias Culturais, Propiedad Intelectual e Cooperación, do Ministerio de Cultura e Deportespanroboto>

Lola Dopico, coordinadora do mestrado DUVI - UVigo

Lola Dopico, a coordinadora do Mestrado en Deseño e Dirección e Creativa en Moda, de Pontevedra, foi elixida para formar parte do xurado do Premio Nacional de Deseño de Moda, que promove a Dirección Xeral de Industrias Culturais, propiedade Intelectual e Cooperación, do Ministerio de Cultura e Deporte.

Trátase da primeira vez en que é nomeada integrante deste xurado que concede os galardóns, con dotación económica de 30.000 euros, a deseñadores cunha traxectoria importante. Nos últimos anos resultaron premiados o galego Adolfo Domínguez; Ágatha Ruiz da Prada ou Ana Locking. Dopico participará nas deliberacións a principios do mes de xuño.

"Sempre é unha honra que pensen nunha para estas cousas", afirma Lola Dopico en declaracións ao DUVI. O xurado estará presidido por Carmen Páez, a directora xeral de Industrias Culturais, Propiedade Intelectual e Cooperación. O cargo de vicepresidente será para Carlo Emanuel Pena, subdirector xeral de Promoción de Industrias Culturais e figurarán sete vocais: Lola Dopico; Anxo Schlesser, gañador en 2022 deste premio nacional; a directora do Museo do Traxe de Madrid, Helena López de Hierro; a head of content de Vogue España, Inés Lorenzo; o fotógrafo Alfonso Ohnur Espinosa; o crítico cultural Enrique Andrés Ruiz; e Pepa Bo, directora executiva da Asociación de Creadores de Moda de España.

Dopico entende que esta chamada supón un recoñecemento ao traballo que se realiza desde o Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda, desde o ano 2017, e ao traballo desenvolvido desde 2004 en Esdemga.