Máis de trescentos hostaleiros de Sanxenxo recibirán axudas directas pola covid-19

Sanxenxo
13 de xullo 2021

Ata o momento concedéronse as axudas a 343 establecementos e dez están pendentes de emendar a documentación que presentaron, segundo informa o goberno municipal, que confían en completar este proceso nos próximos días

Clientes nas terrazas de Sanxenxo

Un total de 353 establecementos de hostalería de Sanxenxo recibirán unha axuda directa de 1.000 euros para compensar os prexuízos ocasionados pola pandemia da covid-19.

Ata o momento concedéronse as axudas a 343 establecementos e dez están pendentes de emendar a documentación que presentaron, segundo informa o goberno municipal, que confían en completar este proceso nos próximos días.

A achega municipal ascenderá, por tanto, a uns 353.000 euros. A súa repartición viuse axilizado, segundo o Concello, tras o convenio asinado coa Xunta de Galicia para fixar os criterios baixo os cales os hostaleiros puideron optar a estas subvencións.

A estas axudas, engade o goberno municipal, súmanse os case 2,3 millóns que a Xunta repartiu entre autónomos, microempresas, hostaleiros e outros sectores do municipio afectados polas restricións sanitarias.