O Salón de Plenos do Concello de Marín recibiu esta martes á nova promoción de gardamarinas que iniciaron o seu primeiro ano académico no centro castrense, "a nosa universidade", tal e como explicou a rexedora.
A alcaldesa María Ramallo parabenizou a todo o alumnado, "que xa traballastes moito para chegar ata aquí, xa que supón moito esforzo de estudo e de disciplina".
A alcaldesa deulles a benvida a Marín, "un lugar que queda no corazón de todos aqueles que pasan por el" e que sempre será unha época importante na súa traxectoria académica.
Esta tradición sempre coincide coa primera vez que os gardamarinas saen da Escola Naval desde a súa chegada. "Compartiredes moitas experiencias coa nosa veciñanza, que vos recibirá de moi bo grao, e teredes unha aprendizaxe que non olvidaredes con facilidade".
Ramallo incidiu en que esto é unha "vocación" e que acadalo supón cumplir un "soño para moitos de vós", moitos dos cales, tal e como se puxo de manifesto durante a recepción, herdan da familia a profesión de oficiais da Armada ou dalgunha outra rama militar.
O acto clausurouse coa tradicional foto de familia que se realiza nas escalinatas do Concello e que se repetirá con todos aqueles que sigan unha vez chegue, pasados catro anos, o momento da súa graduación e fin de formación.