A concellería de Benestar Animal do Concello de Pontevedra poñerá en marcha este xoves unha serie de obradoiros destinados a alumnos de Educación Primaria que ten como obxectivo educar en valores a través de xogos asistidos por cans.
Os primeiros en participar neste curso serán os escolares do colexio das Doroteas, que terá lugar na Casa Azul e impartirano os profesionais da empresa especializada en terapias con animais, Yaracan. O 14 de xaneiro tomarán a substitución os alumnos do Santo André de Xeve e seguiranlles os do CEIP Ponte Sampaio.
A socialista Paloma Castro, responsable deste departamento, explica que os talleres se iniciarán cunha charla grupal para aclarar as normas de comportamento e presentar aos cans. A continuación, introducirán a temática dos valores con interacción directa cos animais e, ao finalizar a actividade, faráselles entrega dun exemplar do libro O can que non sabía dicir guau e os seus amigos do bosque.